Skip to content

Latest commit

 

History

History
68 lines (38 loc) · 4.37 KB

README.md

File metadata and controls

68 lines (38 loc) · 4.37 KB

Escornabot Luci

En base á nosa propia experiencia docente co Escornabot Brivoi, xurdiu a necesidade de crear unha nova subespecie (ou versión). Baseada no Brivoi, incorporámoslle un sistema de alimentación recargable que axuda en varias frontes:

  1. Supresión das pilas (aforro económico e ecolóxico)
  2. Maior tempo de uso (maior cantidade de enerxía)
  3. Facilidade de uso (basta con recargar, sen montar/desmontar para cambiar pilas)
  4. Ideal para facer reciclaxe (cargadores de móbil, baterías de portátiles etc.)

Somos conscientes tamén das contraindicacións do emprego de baterías, e tivéronse en conta á hora de deseñar esta subespecie (por exemplo, a seguridade). Tamén coidamos todo o posible o equilibrio entre a dificultade de fabricación, o coste dos materiais e a usabilidade/practicalidade, xa que un dos obxectivos fundamentais é a ACCESIBILIDADE (en sentido amplo!).

Luci 3D Luci prototipo

Continuando coa tradición do sistema de nomeclatura do proxecto Escornabot, decidimos bautizalo empregando unha das subespecies, escollendo a subespecie Luci por tratarse dun nome feminino e relativo á luz. E a cor identificativa: violeta (claramente! 🙆🏽‍♀️😊)

NOVIDADES

Luci trae unhas cantas novidades:

  • Batería recargable, gracias a un PowerBank-DIY
  • LED RGB, gracias a un NeoPixel
  • Chasis 3D, adaptado ao novo sistema de alimentación
  • Firmware, para dar soporte ás novas funcións
  • Biblioteca programable, na que se basea o Firmware

Físicamente, Luci é moi similar ao Brivoi do que parte, con apenas 5 mm de ancho adicionais, conservando o factor de forma que todas coñecemos (e tanto nos gusta), polo que podes usalo exactamente igual que o anterior. Leva a mesma cantidade de tornillos e segue sendo igual de fácil de montar. O coste de fabricación tamén é moi similar, incluso mais económico se consegues facer reciclaxe de baterías. A maior vantaxe económica (e ecolóxica) é, sen embargo, o aforro a longo prazo, xa que podes recargalo e non terás que mercar (nin tirar) mais pilas.

Luci está en continuo desenvolvemento, e ainda é un traballo en marcha: se descubres calqueira problema, ou queres facer algunha aportación, por favor contacta con nos, estaremos encantadas de saber de ti.

QUERO UN, como fago?

Se queres un Escornabot Luci podes acudir á guía de fabricación para facerte tantos como queiras: nela explicamos todo o necesario, dende a merca de compoñentes, pasando pola impresión 3D ate a reciclaxe de baterías.

INFORMACIÓN

O proxecto Luci está conformado por diversos apartados que se recollen a continuación:

HARDWARE

Na carpeta 3D atoparás todos os modelos 3D editables das pezas, creadas usando FreeCAD. Tamén están dispoñibles os ficheiros STL, listos para ser impresos en 3D.

Pezas3D

O compoñente central de Luci é o PowerBank-DIY, que está documentado no seu propio apartado.

PowerBank-DIY

Na carpeta Electrónica atoparás o esquema de conexionado, creado con Fritzing.

Connections

SOFTWARE

Na carpeta Programación atoparás todo o relativo ao apartado de programación, ainda que a biblioteca programable e o Firmware teñen o seu propio repositorio específico.

Biblioteca Arduino

BITÁCORA

Se queres saber detalles do desenvolvento, levamos unha especie de bitácora que podes ler.

LICENZA

Este traballo está suxeito á licenza GNU General Public v3.0 License. Todos os ficheiros multimedia e de datos que non sexan código fonte están suxeitos á licenza Creative Commons Attribution 4.0 BY-SA license.

Máis información acerca destas licenzas en licenzas Opensource e licenzas Creative Commons.